Seguridade na Comunidade Autónoma
Competencias
- A preparación de estudos e proxectos de disposicións xerais da Policía de Galicia.
- A preparación de estudos e informes no ámbito da seguridade.
- A elaboración do estudo do anteproxecto do orzamento destinado a interior e a seguridade.
- A planificación e xestión dos recursos en materia de seguridade.
- A preparación das directrices no eido funcional á Unidade do Corpo Nacional da Policía (CNP) adscrita á Xunta de Galicia.
- A supervisión e o control dos servizos de seguridade na protección de persoas, edificios e dependencias da Comunidade Autónoma de Galicia e demais funcións da Unidade de Policía Autonómica (UPA).
- As relacións de persoal e sindicais no ámbito da seguridade.
- Propostas en materia de selección e formación á Academia Galega de Seguridade Pública.
- A execución das instrucións en materia de réxime interior que non estean atribuídas a outros órganos da consellería.
- As demais funcións que, incluídas no ámbito respectivo, lle sexan asignadas.