Xestor/a de transporte (convocatoria 2025)
Ano da convocatoria: 2025
CONVOCATORIA DE EXAMES DE XESTOR/A DE TRANSPORTES 2025. Inscrición
Data de actualizacion: 27/11/2024
Convócanse, para o ano 2025, as probas de constatación da competencia profesional para o desempeño das funcións de xestor/a de transporte en empresas de transporte por estrada, tanto na súa modalidade de mercadorías como na de viaxeiros/as, que terán lugar na Comunidade Autónoma de Galicia de acordo co calendario e demais condicións previstas na Resolución do 13 de novembro de 2024, da Dirección Xeral de Mobilidade.
Na convocatoria para este ano 2025 ábrense catro períodos de inscrición:
- Primeiro período: as solicitudes presentaranse entre o 27 de novembro de 2024 e o 24 de xaneiro de 2025.
- Segundo período: as solicitudes presentaranse entre o 25 de xaneiro e o 21 de abril de 2025.
- Terceiro período: as solicitudes presentaranse entre o 22 de abril e o 15 de xullo de 2025.
- Cuarto período: as solicitudes presentaranse entre o 16 de xullo e o 24 de outubro de 2025.
Prevese que as probas se realicen:
- Entre o 24 de febreiro e 4 de abril, para as solicitudes que se presenten no primeiro período.
- Entre o 26 de maio e o 4 de xullo, para as solicitudes que se presenten no segundo período.
- Entre o 1 de setembro e o 4 de outubro, para as solicitudes que se presenten no terceiro período.
- Entre o 17 de novembro e o 19 de decembro, para as solicitudes que se presenten no cuarto período.
As persoas inscritas convocaranse con polo menos 10 días naturais de antelación á celebración dos exames. As persoas interesadas poden concorrer indistintamente a cada un dos tres períodos.
As persoas aspirantes que cumpran os requisitos para acceder ás probas, fixados no punto 3 da Resolución do 13 de novembro de 2024, poderán presentarse á modalidade de xestor/a de transporte para empresas de transporte de mercadorías por estrada e á de xestor/a de transporte para empresas de transporte de viaxeiros/as por estrada, ou só a unha delas.
As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, no procedemento IF312A.
As persoas interesadas deberán axuntar coa solicitude a seguinte documentación:
- Documentación xustificativa do pagamento das taxas administrativas devindicadas pola tramitación da solicitude, agás que sexa aplicable algunha exención legal (código da taxa 31 01 20).
- Documentación xustificativa de padecer unha discapacidade no caso de que o órgano que recoñece a discapacidade non dependa da Xunta de Galicia.
O ingreso da/s taxa/s deberá facerse en liña, a través da Oficina Virtual Tributaria dispoñible na web da Consellería de Facenda, indicando para o efecto os seguintes códigos:
- Consellería de: Presidencia, Xustiza e Deportes: código 04
- Delegación de: Servizos centrais: código 13
- Servizo de: Mobilidade: código 26
- Denominación: Inscrición nas probas para a obtención da competencia profesional para a actividade de transporte: código 31.01.20
- Importe da taxa para o ano 2025: 27,31 €
As persoas que resulten definitivamente excluídas para realizar as probas poderán solicitar a devolución da taxa aboada por medios electrónicos, a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, no procedemento IF312B.
A devolución deberá solicitarse:
- Se resulta excluído da realización das probas do primeiro período, deberá solicitar a devolución do importe entre o 15 de abril e o 15 de maio de 2025.
- Se resulta excluído da realización das probas do segundo período, deberá solicitar a devolución do importe entre o 15 de xullo e o 15 de agosto de 2025.
- Se resulta excluído da realización das probas do terceiro período, deberá solicitar a devolución do importe entre o 15 de outubro e o 15 de novembro de 2025.
- Se resulta excluído da realización das probas do cuarto período, deberá solicitar a devolución do importe entre o 1 de xaneiro e o 31 de xaneiro de 2026.
Ligazóns relacionadas
- Resolución de convocatoria de xestor/a de transporte
- Sede electrónica - Inscrición e información
- Pagamento telemático da taxa – Oficina Virtual Tributaria (modelo 730)
- Sede electrónica - Devolución de taxas
- Ministerio de Fomento – Base de datos de preguntas
- Orde do Ministerio de Fomento do 28 de maio de 1999 (contén a relación de temas sobre os que versarán as probas)
Contactos relacionados
-
-
Nome: Teléfono de información
-
Teléfono: 881 995 053
-