Conselleiros/as de seguridade (convocatoria 2024)
Ano da convocatoria: 2024
Descrición: CONVOCATORIA EXAMES CONSELLEIROS/AS DE SEGURIDADE 2024.
Data de actualizacion: 13/11/2024
Está aberto o prazo de inscrición para realizar as probas dirixidas á obtención (código IF310A) ou renovación (código IF310B) do certificado de capacitación profesional de conselleiro/a de seguridade para o transporte de mercadorías perigosas por estrada e ferrocarril.
O prazo finaliza o 23 de agosto de 2024.
Teléfono de información: 981 544 554.
Para inscribirse ao exame hai que presentar unha solicitude axustada aos modelos normalizados que se publican como anexos da resolución de convocatoria, anexo II para obtención e anexo III para renovación, e que están dispoñibles na ligazón que se indica máis abaixo. Tamén é posible inscribirse a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, cuxa ligazón tamén se recolle máis abaixo.
Coa solicitude deberá presentar necesariamente o xustificante de pagar a taxa correspondente. O importe da taxa é de 27,31 euros (inscrición/renovación).
O pagamento pode facerse de dous xeitos diferentes:
1. A través do impreso de autoliquidación A ou AI en calquera das entidades financeiras colaboradoras na recadación das taxas e prezos da Comunidade Autónoma de Galicia.
O modelo A pode obtelo en calquera oficina xestora da Xunta de Galicia; non se pode enviar por correo electrónico.
O modelo AI pode xeralo na ligazón que se recolle máis abaixo.
2. De forma telemática, a través da Oficina Virtual Tributaria, podendo optar por:
- Un pagamento telemático puro, que xeraría un modelo 730 directamente.
- Un pagamento telemático-presencial, que xeraría un modelo 739. Neste caso, unha vez xerado o modelo 739, debe acudir ao banco e despois retomar a operación na Oficina Tributaria Virtual (OTV) para xerar o modelo 730.
En calquera caso, os códigos necesarios para pagar a taxa son os seguintes:
- Consellería: Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes - código: 04
- Delegación: Servizos Centrais: código: 13
- Servizo: Mobilidade - código: 26
- Denominación: inscrición nas probas para a cualificación como conselleiros de seguridade: código: 31 01 20
Lembre que os modelos válidos que se deberán presentar como xustificante do pagamento de taxas son os modelos A, AI e 730. A presentación do modelo 739 non é válida como xustificante do pagamento da taxa.
É moi importante que a solicitude vaia asinada pola persoa que pretende acceder ao exame.
Documentos relacionados
- Obtención - listaxe definitiva de persoas admitidas
- Obtención - listaxe definitiva de persoas excluidas
- Renovación - listaxe definitiva de persoas admitidas
- Renovación - listaxe definitiva de persoas excluidas
- Resolución do 14 de outubro de 2024, do tribunal designado para cualificar as probas dirixidas á obtención e renovación do certificado de conselleiro de seguridade para o transporte de mercadorías perigosas por estrada e por ferrocarril, pola que se determinan as datas, o lugar e os horarios de realización dos exercicios correspondentes á obtención do certificado
- Resolución do 14 de outubro de 2024, do tribunal designado para cualificar as probas dirixidas á obtención e renovación do certificado de conselleiro de seguridade para o transporte de mercadorías perigosas por estrada e por ferrocarril, pola que se determinan as datas, o lugar e os horarios de realización dos exercicios correspondentes á renovación do certificado
- Transporte por estrada - ADE todas - obtención e renovación
- Transporte por estrada - clase 1 - obtención
- Transporte por estrada - clase 2 - renovación
- Transporte por estrada - clase 3 + obtención e renovación
- Transporte por estrada - materias líquidas inflamables - obtención e renovación
- Transporte por ferrocarril - todas as clases - obtención e renovación
- Resolución do 12 de novembro de 2024 do tribunal designado para cualificar as probas dirixidas á obtención e renovación do certificado de conselleiro de seguridade para o transporte de mercadorías perigosas por estrada e por ferrocarril, pola que se aproba a relación definitiva de respostas correctas das probas dirixidas á obtención do certificado de conselleiro de seguridade
- Resolución do 12 de novembro de 2024 do tribunal designado para cualificar as probas dirixidas á obtención e renovación do certificado de conselleiro de seguridade para o transporte de mercadorías perigosas por estrada e por ferrocarril, pola que se aproba a relación definitiva de respostas correctas ás probas dirixidas á renovación do certificado de conselleiro de seguridade
Ligazóns relacionadas
- Resolución do 5 de xullo de 2024, da Dirección Xeral de Mobilidade, pola que se convoca a realización das probas dirixidas á obtención e renovación do certificado de conselleiro de seguridade para o transporte de mercadorías perigosas por estrada e por ferrocarril (códigos IF310A, IF310B e IF310C)
- Sede electrónica - inscrición e información (obtención)
- Sede electrónica - inscrición e información (renovación)
- Sede electrónica - devolución de taxas