Xestor/a de transporte (convocatoria 2023)

Ano da convocatoria: 2023

CONVOCATORIA DE EXAMES DE XESTOR/A DE TRANSPORTES 2023. Inscrición

Data de actualizacion: 26/01/2023

Convócanse, para o ano 2023, as probas de constatación da competencia profesional para o desempeño das funcións de xestor/a de transporte en empresas de transporte por estrada, tanto na súa modalidade de mercadorías como na de viaxeiros/as, que terán lugar na Comunidade Autónoma de Galicia de acordo co calendario e demais condicións previstas na Resolución do 12 de xaneiro de 2023, da Dirección Xeral de Mobilidade.

Na convocatoria para este ano 2023 ábrense tres períodos de inscrición:

  • Primeiro período: do 26 de xaneiro ao 13 de febreiro
  • Segundo período: do 14 de febreiro ao 1 de maio
  • Terceiro período: do 2 de maio ao 1 de setembro

Prevese que as probas se realicen:

  • Entre o 14 de febreiro e 30 de abril, para as solicitudes que se presenten no primeiro período. As probas foron realizadas no mes de abril
  • Entre o 2 de maio e o 31 de agosto, para as solicitudes que se presenten no segundo período. As probas foron realizadas entre o 19 de xuño e o 3 de xullo
  • Entre o 2 de setembro e o 31 de decembro, para as solicitudes que se presenten no terceiro período. Previsiblemente, as probas realizaránse entre o 13 de novembro e o 1 de decembro

orde de chamamento realizaráse de forma análoga ao disposto na Resolución, do 23 de xaneiro de 2023, pola que se fai público o resultado do sorteo ó que se refire o Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 18, do 26 de xaneiro), polo que a orde de chamamento comezará por aquelas persoas cuxo primeiro apelido comece pola letra “V”.

As persoas inscritas convocaranse con polo menos 10 días naturais de antelación á celebración dos exames. As persoas interesadas poden concorrer indistintamente a cada un dos tres períodos.

As persoas aspirantes que cumpran os requisitos para acceder ás probas, fixados no punto 3 da Resolución do 7 de abril de 2022, poderán presentarse á modalidade de xestor/a de transporte para empresas de transporte de mercadorías por estrada e á de xestor/a de transporte para empresas de transporte de viaxeiros/as por estrada, ou só a unha delas.

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, no procedemento IF312A.

As persoas interesadas deberán axuntar coa solicitude a seguinte documentación:

  1. Xustificante do pago das taxas administrativas devengadas pola tramitación da solicitude, agás que sexa aplicable algunha exención legal
  2. Documentación xustificativa de padecer unha discapacidade no caso de que o organismo que realiza tal recoñecemento non dependa da Xunta de Galicia

O ingreso da/s taxa/s deberá facerse en liña, a través da Oficina Virtual Tributaria dispoñible na web da Consellería de Facenda, indicando para o efecto os seguintes códigos:

  • Consellería de: Infraestruturas e Mobilidade: código 06
  • Delegación de: Servizos centrais: código 13
  • Servizo de Mobilidade: código 02
  • Denominación: inscrición nas probas para a obtención da competencia profesional para a actividade de transporte: código 31.01.20
  • Importe da taxa para o ano 2022: 27,31 €

As persoas que resulten definitivamente excluídas para realizar as probas poderán solicitar a devolución da taxa aboada por medios electrónicos, a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, no procedemento IF312B.

A devolución deberá solicitarse:

  • Entre o 2 e o 31 de maio de 2023, para aquelas solicitudes que se presentasen no primeiro período
  • Entre o 2 e o 30 de setembro de 2023, para as solicitudes que se presentasen no segundo período
  • Entre o 1 e o 31 de xaneiro de 2024, para aquelas solicitudes que se presentasen no terceiro período

Unha vez revisadas as solicitudes, aquelas persoas aspirantes que cumpran os requisitos para concorrer aos exames serán convocadas para a súa realización de acordo co que se indica no apartado 9.2 da Resolución do 12 de xaneiro de 2023, da Dirección Xeral de Mobilidade.

  • Os/as aspirantes que solicitasen a realización do exame no primeiro período de inscrición, serán convocados entre o 14 de febrero e o 30 de abril, con polo menos 10 días naturais de antelación á data que se lles fixe para a realización do exame, indicándolles o lugar, a data e a hora á que serán chamados/as.
  • Os/as aspirantes que solicitasen a realización do exame no segundo período de inscrición, serán convocados entre o 2 de maio e o 31 de agosto, con polo menos 10 días naturais de antelación á data que se lles fixe para a realización do exame, indicándolles o lugar, a data e a hora á que se serán chamados/as.
  • Os/as aspirantes que solicitasen a realización do exame no terceiro período de inscrición, serán convocados entre 2 de setembro e o 31 de decembro, con polo menos 10 días naturais de antelación á data que se lles fixe para a realización do exame, indicándolles o lugar, a data e a hora á que se serán chamados/as.

Contactos relacionados

    • Nome: Teléfono de información

    • Teléfono: 881 995 053