Xestor/a de transporte (convocatoria 2022) - 1º Período

Ano da convocatoria: 2022

CONVOCATORIA DE EXAMES DE XESTOR/A DE TRANSPORTES 2022. Anuncio sobre a programación da celebración dos exames XESTOR/A: 1º período 2022

Data de actualizacion: 01/06/2022

Mediante a Resolución do 7 de abril de 2022, da Dirección Xeral de Mobilidade, pola que se convocan para o ano 2022 as probas de constatación da competencia profesional para o desempeño das funcións de xestor/a de transporte en empresas de transporte por estrada (códigos de procedemento IF312A e IF312B), estableceuse o calendario para a realización dos exercicios, prevendo dous períodos de celebración de exames no presente ano 2022: o primeiro, entre o 18 de maio e o 31 de xullo, e o segundo, entre 1 de outubro e o 31 de decembro.

Mediante o presente anuncio dáse publicidade ás datas previstas para a celebración das probas durante o primeiro período de 2022:

  • 8 de xuño de 2022
  • 15 de xuño de 2022
  • 22 de xuño de 2022
  • 29 de xuño de 2022
  • 1 de xullo de 2022
  • 8 de xullo de 2022
  • 13 de xullo de 2022

Este calendario de exames publícase para efectos meramente informativos, coa finalidade de facilitar ás persoas interesadas unha previsión respecto das mesmas. A data concreta que corresponderá a cada aspirante seralle comunicada individualmente, consonte co que se establece na Resolución do 7 de abril de 2022, antes citada.

Na devandita comunicación, que será remitida mediante notificación electrónica con polo menos 10 días naturais de antelación á data que respectivamente lles corresponda, indicaráselles o lugar, data e a hora a que serán chamados/as, de acordo co disposto no punto 9.2 da devandita resolución.

Neste sentido, informamos tamén que está previsto que todas as probas se leven a cabo nas instalacións da Escola Galega de Administración Pública (EGAP), sita en Rúa de Madrid 2-4, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña (coordenadas: 42.881581, -8.528149).

INSTRUCIÓNS A TER EN CONTA

Aproveitamos este anuncio para facer fincapé en que as persoas aspirantes deberán ten en conta as seguintes instrucións para a correcta e válida realización do exame:

  • Deberán presentarse o día do exame con puntualidade, e traer o seu DNI, NIE ou documento análogo e fidedigno acreditativo da súa identidade.
  • Queda terminantemente prohibido o acceso ás instalacións nas que se vai celebrar o exame, ou a mera tenza, de teléfonos móbiles, axendas electrónicas, reloxos intelixentes (tipo smartwatch ou análogos), auriculares ou calquera outro dispositivo de carácter electrónico excepto, a xuízo do tribunal, máquinas calculadoras sen memoria RAM.
  • Do mesmo xeito, queda prohibido o acceso con calquera outro material ou instrumento de que se poidan valer as persoas aspirantes para auxiliarse na realización das probas.
  • O acceso e/ou permanencia nas instalacións nas que se realice o exame con calquera dispositivo dos sinalados anteriormente, estea ou non facendo uso del, dará lugar a que, sen máis, se expulse a persoa aspirante e se cualifique o seu exame como "non apto"; o mesmo realizarase no suposto de persoas aspirantes que sexan descubertas copiando.
  • Nas instalacións nas que se realice o exame non se establecerá servizo de depósito e/ou custodia de ningún tipo de material.
  • A non comparecencia no lugar e hora para a que se lle convoca dará lugar a que se lle teña por non presentado, perdendo o dereito á realización do exame para o que se inscribiu.

Contactos relacionados

    • Nome: Teléfono de información

    • Teléfono: 881 99 50 53