Xestor/a de transporte (2ª convocatoria 2021)
Ano da convocatoria: 2021
2ª CONVOCATORIA DE EXAMES DE XESTOR/A DE TRANSPORTES 2021. Relación coa listaxe definitiva de aspirantes aptos/as
Data de actualizacion: 18/02/2022
Publícanse as relacións definitivas de aspirantes aptos/as correspondentes ás probas que tiveron lugar o pasado 11 de decembro de 2021.
As persoas que figuren nelas poderán retirar o título, en canto estea dispoñible, nas oficinas da Dirección Xeral de Mobilidade (San Caetano, s/n - 15781 Santiago de Compostela). Consulte previamente se o título está xa dispoñible no teléfono 881 995 076.
Para retirar o título deberá identificarse co seu Documento Nacional de Identidade. En caso de ser outra persoa a que se achegue a retiralo, deberá presentar unha autorización por escrito asinada pola persoa titular.
Para que lle sexa entregado o título, previamente deberá aboarse a correspondente taxa de expedición. Os códigos que deberán consignarse no formulario de recadación das taxas e prezos da Comunidade Autónoma de Galicia (dispoñible en calquera das oficinas das entidades financeiras colaboradoras) son os seguintes:
- Consellería de: IV; código: 06
- Delegación de: SS.CC.; código: 13
- Servizo de: Mobilidade; código: 02
- Denominación: Título xestor de transporte; código: 31.01.06
- Importe: 23,18 euros
Para máis información sobre a expedición de títulos, contacte co teléfono 881 995 076.
Documentos relacionados
- Resolución coa listaxe definitiva de aptos/as
- Resolución listas definitivas persoas admitidas e excluídas
- Cadros de respostas correctas
- Test Mercadorías Modelo A
- Suposto Práctico Mercadorías Modelo A
- Test Mercadorías Modelo B
- Suposto Práctico Mercadorías Modelo B
- Test Viaxeiros
- Suposto Práctico Viaxeiros
Ligazóns relacionadas
- Publicación de data, hora e lugar de celebración do exame
- Resolución Convocatoria Xestor de Transportes
- Sede electrónica: inscrición e información
- Pagamento presencial da taxa: Oficina Virtual Tributaria (modelo 730)
- Pagamento presencial da taxa – Xeración do modelo AI
- Sede electrónica – Devolución de taxas
- Ministerio de Fomento – Base de datos de preguntas
- Orde do Ministerio de Fomento do 28 de maio de 1999 (contén a relación de temas sobre os que versarán as probas)