Conselleiros/as de seguridade (convocatoria 2021)
Ano da convocatoria: 2021
Descrición: CONVOCATORIA EXAMES CONSELLEIROS/AS DE SEGURIDADE 2021. Prazo de inscrición
Data de actualizacion: 26/11/2021
O 12 de agosto abre o prazo de inscrición para realizar as probas dirixidas á obtención (código IF310A) ou renovación (código IF310B) do certificado de capacitación profesional de conselleiro/a de seguridade para o transporte de mercadorías perigosas por estrada e ferrocarril.
O prazo remata o 13 de setembro de 2021
Teléfono de información: 981 54 45 54.
Para inscribirse ao exame hai que presentar unha solicitude axustada aos modelos normalizados que se publican como anexos da resolución de convocatoria, anexo II para obtención e anexo III para renovación, e que están dispoñibles na ligazón que se indica máis abaixo. Tamén é posible inscribirse a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, cuxo enlace tamén se recolle máis abaixo.
Coa solicitude deberá presentar necesariamente o xustificante de pagar a taxa correspondente. O importe da taxa é de 26,77 euros (inscrición/renovación).
O pagamento pode facerse de dous xeitos diferentes:
1. A través do impreso de autoliquidación “A” ou “AI” en calquera das entidades financeiras colaboradoras na recadación das taxas e prezos da Comunidade Autónoma de Galicia.
O modelo "A" pode obtelo en calquera oficina xestora da Xunta de Galicia, non se pode enviar por correo electrónico. O modelo "AI" pode xeralo no enlace que se recolle máis abaixo.
2. De forma telemática, a través da Oficina Virtual Tributaria, podendo optar por:
- Un pagamento telemático puro, que xeraría un modelo 730 directamente.
- Un pagamento telemático – presencial, que xeraría un modelo 731. En este caso unha vez xerado o modelo 731, debe acudir ao banco e despois retomar a operación na Oficina Tributaria Virtual (OTV) para xerar o modelo 730.
En calquera caso, os códigos necesarios para pagar a taxa son os seguintes:
- Consellería de: infraestruturas e Mobilidade código: 06.
- Delegación de: SS.CC.; código: 13.
- Servizo de: MOBILIDADE; código: 02.
- Denominación: dereitos exame conselleiros de seguridade; código: 31 01 20.
Lembre que os modelos válidos que se deberán presentar como xustificante do pagamento de taxas son os modelos “A”, “AI” e o “730”. A presentación do modelo “731” non é válida como xustificante do pagamento da taxa.
É moi importante que a solicitude vaia asinada pola persoa que pretende acceder ao exame.
Quenda de convocatoria: quenda primera
Tipo de formación: conselleiros/as de seguridade
Tipo de transporte: mercadorías.
Documentos relacionados
- Obtención - listaxe definitiva de persoas admitidas
- Obtención - listaxe definitiva de persoas excluídas
- Renovación - listaxe definitiva de persoas admitidas
- Renovación - listaxe definitiva de persoas excluídas
- Obtención - listaxe provisional de persoas admitidas
- Obtención - listaxe provisional de persoas excluídas
- Renovación - listaxe provisional de persoas admitidas
- Renovación - listaxe provisional de persoas excluídas
- Horarios e aulas
- Respostas correctas das probas
- Corrección de respostas correctas
- Cualificacións das probas de conselleiros/as de seguridade - obtención
- Cualificacións das probas de conselleiros/as de seguridade - renovación
- Cualificacións definitivas das probas de conselleiros/as de seguridade - obtención
- Cualificacións definitivas das probas de conselleiros/as de seguridade - renovación
Ligazóns relacionadas
- Resolución do 28 de xullo de 2021
- Sede electrónica - inscrición e información (obtención)
- Sede electrónica - inscrición e información (renovación)
- Pago telemático da taxa – Oficina Virtual Tributaria (modelo 730)
- Pagamento presencial da taxa – Xeración do modelo AI
- Sede electrónica - Devolución de taxas