Xestor/a de transporte (1ª convocatoria 2020)

Ano da convocatoria: 2020

1ª CONVOCATORIA DE EXAMES DE XESTOR/A DE TRANSPORTES 2020. Publicación da Resolución de listas definitivas de aspirantes aptos/as.

Data de actualizacion: 19/02/2021

Publícanse as relacións definitivas de aspirantes aptos correspondentes ás probas que tiveron lugar o pasado 19 de decembro de 2020.

As persoas que figuren nelas poderán retirar o título, en canto estea dispoñible, nas oficinas da Dirección Xeral de Mobilidade (San Caetano, s/n - 15781 Santiago de Compostela). Consulte previamente se o título está xa dispoñible no teléfono 881 99 50 76.

Para retirar o título deberá identificarse co seu Documento Nacional de Identidade. En caso de ser outra persoa a que se achegue a retiralo, deberá presentar unha autorización por escrito asinada pola persoa titular.

Para que lle sexa entregado o título, previamente deberá aboarse a correspondente taxa de expedición. Os códigos que haberán de consignarse no formulario de recadación das taxas e prezos da Comunidade Autónoma de Galicia (dispoñible en calquera das oficinas das entidades financeiras colaboradoras) son os seguintes:

  • Consellería de: IV; código: 06
  • Delegación de: SS.CC.; código: 13
  • Servizo de: Mobilidade; código: 02
  • Denominación: Título xestor de transporte; código: 31.01.06
  • Importe: 22,73 euros

Para máis información sobre a expedición de títulos, contacte co teléfono 881 99 50 76.

Quenda de convocatoria:

  • Quenda primeira

Tipo de formación:

  • Capacitación

Tipo de transporte:

  • Mercadorías
  • Viaxeiros/as.

Documentos relacionados

  • Resolución: cualificación definitiva
    PDF
  • Resolución: convocatoria
    PDF
  • Resolución: listas definitivas de aspirantes aptos/as
    PDF
  • Resolución: publicación das listas definitivas de admitidos/as e excluídos/as
    PDF
  • Resolución: publicación da convocatoria de xestor/a de transportes 2020
    PDF