Xestor/a de transporte (1ª convocatoria 2021)

Ano da convocatoria: 2021

CONVOCATORIA DE EXAMES DE XESTOR/A DE TRANSPORTES 2021. Relación definitiva de persoas aspirantes aptas. 

Data de actualizacion: 28/07/2021

Publícanse as relacións definitivas de aspirantes aptos correspondentes ás probas que tiveron lugar o pasado 26 de xuño de 2021.

As persoas que figuren nelas poderán retirar o título, en canto estea dispoñible, nas oficinas da Dirección Xeral de Mobilidade (San Caetano, s/n - 15781 Santiago de Compostela). Consulte previamente se o título está xa dispoñible no teléfono 881 99 50 76.

Para retirar o título deberá identificarse co seu Documento Nacional de Identidade. En caso de ser outra persoa a que se achegue a retiralo, deberá presentar unha autorización por escrito asinada pola persoa titular.

Para que lle sexa entregado o título, previamente deberá aboarse a correspondente taxa de expedición. Os códigos que haberán de consignarse no formulario de recadación das taxas e prezos da Comunidade Autónoma de Galicia (dispoñible en calquera das oficinas das entidades financeiras colaboradoras) son os seguintes:

  • Consellería de: IV; código: 06
  • Delegación de: SS.CC.; código: 13
  • Servizo de: Mobilidade; código: 02
  •  Denominación: Título xestor de transporte; código: 31.01.06
  • Importe: 22,73 euros

Para máis información sobre a expedición de títulos, contacte co teléfono 881 995 076.

Quenda de convocatoria:

  • Quenda primera 

Tipo de formación:

  • Capacitación

Tipo de Transporte:

  • Mercadorías
  • Viaxeiros

Documentos relacionados

  • Resolución listas definitivas de persoas aptas
    PDF
  • Corrección de erros - Resolución de listas definitivas de persoas admitidas e excluidas
    PDF
  • Plantillas de respostas correctas
    ZIP
  • Cuestionarios
    ZIP