Servizo de Protección Civil
Este servizo desempeñará, entre outras, as seguintes funcións:
- A promoción das asociacións e agrupacións de voluntarios/as de protección civil e a proposición e xestión da concesión de axudas e subvencións en materia de protección civil e emerxencias.
- O fomento da autoprotección cidadá e corporativa, a través da programación de campañas divulgativas.
- O control e xestión dos rexistros relacionados coas agrupacións, asociacións e entidades colaboradoras de protección civil regulamentariamente establecidos.
- A elaboración de programas e propostas de formación e perfeccionamento do persoal de protección civil e emerxencias, en colaboración co órgano que teña atribuída a xestión e o desenvolvemento desta formación.
Ligazóns relacionadas
- Resolución do 8 de abril de 2020 da Dirección Xeral de Emerxencias e Interior pola que acorda manter a operatividade dos formularios normalizados correspondentes ás axudas convocadas pola Orde do 20 de febreiro de 2020 (DOG núm. 43 do 4 de marzo) que establecía as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións ás agrupacións de persoal voluntario de protección civil de concellos de menos de 50000 habitantes, mancomunidades ou agrupación de concellos (código de procedemento PR 460A)
- Orde do 26 de febreiro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria de subvencións para a adxudicación de equipamentos de emerxencias, en réxime de concorrencia competitiva, a concellos de menos de 50.000 habitantes, mancomunidades ou agrupacións de concellos galegos, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder-Galicia 2014-2020
- Resolución do 5 de xullo de 2018, da Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, pola que se fan públicas as axudas concedidas ao abeiro da Orde do 15 de marzo de 2018 (Diario Oficial de Galicia número 63, do 2 de abril) pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións ás agrupacións de persoal voluntario de protección civil de concellos de menos de 50.000 habitantes, mancomunidades ou agrupacións de concellos
- Orde do 15 de marzo de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións ás agrupacións de persoal voluntario de protección civil de concellos de menos de 50.000 habitantes, mancomunidades ou agrupacións de concellos, e se procede á súa convocatoria para o ano 2018