- Inicio
- Colectivos
- Fundacións de Interese Galego
-
Padroado
- Guía práctica de fundacións
- Que é unha Fundación de Interese Galego
- Realidade das Fundacións de Interese Galego
- Normativa
- Onde dirixirse
- Principais trámites para a súa constitución e inscrición
- Padroado
- Protectorado
- Rexistro de Fundacións de Interese Galego
- Contas anuais, plan de actuación e legalización de libros
Fundacións de Interese Galego
-
Fundacións de Interese Galego
- Guía práctica de fundacións
- Que é unha Fundación de Interese Galego
- Realidade das Fundacións de Interese Galego
- Normativa
- Onde dirixirse
- Principais trámites para a súa constitución e inscrición
- Padroado
- Protectorado
- Rexistro de Fundacións de Interese Galego
- Contas anuais, plan de actuación e legalización de libros
-
Fundacións de Interese Galego
- Guía práctica de fundacións
- Que é unha Fundación de Interese Galego
- Realidade das Fundacións de Interese Galego
- Normativa
- Onde dirixirse
- Principais trámites para a súa constitución e inscrición
- Padroado
- Protectorado
- Rexistro de Fundacións de Interese Galego
- Contas anuais, plan de actuación e legalización de libros
Padroado
O padroado é o órgano de goberno da fundación, composto por un mínimo de 3 membros e que contará necesariamente cun presidente e cun secretario.
Os acordos do Padroado adoptaranse por maioría dos seus membros nos termos que se establezan nos estatutos.
Os patróns iniciarán a súa xestión despois de aceptar o cargo. A aceptación formalizarase dalgunha das seguintes formas
- Na propia carta fundacional ou en escritura pública independentes.
- En documento privado, con sinatura lexitimada por fedatario público.
- Mediante comparecencia realizada para tal efecto no Rexistro de Fundacións.
- Perante o padroado, acreditándose mediante certificación expedida polo secretario co visto e prace do presidente.
En todo caso a aceptación notificaráselle formalmente ao protectorado e inscribirase no Rexistro de Fundacións.
Deberes do Padroado
- Presentar ante o protectorado:
- As contas anuais que comprenden balance de situación, conta de resultados e memoria. Esta documentación deberá presentarse no prazo de 20 días hábiles desde a súa aprobación polo padroado (nos 6 meses seguintes ao peche do exercicio) acompañadas de certificación do secretario da fundación. De ser o caso achegarase informe de auditoría.
- O plan de actuación, no que conste unha previsión das partidas de ingresos e gastos e unha memoria explicativa do mesmo, acompañado de certificación de aprobación polo padroado. A presentación ante o protectorado farase nos últimos 3 meses de cada exercicio.
- Comunicarlle ao protectorado:
- A modificación ou nova redacción dos estatutos unha vez formalizadas en escritura pública.
- As modificacións que se produzan no órgano de goberno, así como delegacións, apoderamentos e a súa revogación.
- A constitución de órganos tales como : director /xerente, consellos asesores, comisións, etc.
- O alleamento e gravame de bens e dereitos que formen parte da dotación ou estean directamente vinculados ao cumprimento dos fins fundacionais, así como aqueles cuxo importe sexa superior ao 20% do activo da fundación que resulte do último balance aprobado. Esta comunicación deberá realizarse n prazo máximo de 1 mes.
- A súa participación en sociedades mercantís nas que non se responda persoalmente das débedas sociais.
- Os acordos de fusión con outra fundación.
- Solicitarlle autorización ao protectorado:
- Cando se pretenda a escisión da fundación con transmisión do escindido a outra ou a outras fundacións xa existentes.
- Solicitar do protectorado a ratificación de:
- O acordo adoptado polo padroado no suposto de extinción da fundación.