Eixo 4

Innovación

A Estratexia Galega de Mobilidade fai unha aposta importante pola introdución da innovación no sector da mobilidade que permita aplicar novas tecnoloxías no novo modelo de mobilidade proposto para Galicia.

A través deste eixo espérase establecer unha cultura de mobilidade dixitalizada que se articula a través da tecnoloxía como apoio ás políticas de mobilidade.

A Estratexia Galega de Mobilidade promove o uso de aplicacións móbiles como servizo (MaaS) a partir de información de mobilidade en tempo real, fomenta a xestión intelixente do sistema de transporte público e das infraestruturas (estacións, terminais, etc.) e aposta polo uso de sistemas intelixentes de transporte para lograr unha mobilidade intelixente e autónoma no futuro.

Obxectivos estratéxicos

  • Mellorar a accesibilidade do territorio
  • Dixitalizar os servizos e as infraestruturas da mobilidade
  • Contribuír á implantación da mobilidade autónoma
  • Abaratar os custes globais de mobilidade

Programas

Subprogramas:

Obxectivos operativos
  1. Dixitalización das infraestruturas de transporte
  2. Dixitalización dos servizos de transporte
  3. Implantación da mobilidade intelixente e autónoma
Actuacións
Estudo de necesidades preliminares da mobilidade intelixente e autónoma en Galicia
Apoio á realización de probas piloto de condución autónoma
Sistemas intelixentes de transportes

Obxectivos operativos
  1. Mellora da gobernanza da mobilidade
  2. Dixitalización das infraestruturas de transporte
  3. Dixitalización dos servizos de transporte
  4. Implantación da mobilidade intelixente e autónoma
Actuacións
Dixitalización e xestión intelixente das infraestruturas de transporte
Dixitalización e xestión intelixente do sistema de transporte público
Xestión e explotación dun modelo de transporte de Galicia

Obxectivos operativos
  1. Dixitalización das infraestruturas de transporte
  2. Dixitalización dos servizos de transporte
Actuacións
Subministración de información de mobilidade en tempo real
Promoción de aplicacións móbiles para a mobilidade como servizo (MaaS)
Plataforma integradora de servizos de mobilidade

Obxectivos operativos
  1. Dixitalización das infraestruturas de transporte
  2. Dixitalización dos servizos de transporte
Actuacións
Apoio en materia de mobilidade sostible (investigación, desenvolvemento e innovación)
Apoio ao desenvolvemento de sistemas innovadores no ámbito rural