Eixo 1

Funcionalidade

Este primeiro eixo céntrase en garantir a implantación dun modelo de mobilidade funcional e eficiente para toda a poboación galega, e ao mesmo tempo, accesible e alcanzable para todos os colectivos e para todo o territorio.

A Estratexia Galega de Mobilidade asume o obxectivo de mellorar a accesibilidade no territorio aos diferentes modos de transporte, especialmente ao sistema de transporte público en detrimento do vehículo privado, e recoñece a mobilidade como un dereito universal, polo que parte da premisa de que un modelo de mobilidade máis sustentable se relaciona directamente cun modelo de mobilidade inclusivo e equitativo.

Obxectivos estratéxicos

  • Mellorar a accesibilidade do territorio
  • Reducir os tempos das viaxes
  • Contribuír ao equilibrio territorial

Programas

Subprogramas:

Obxectivos operativos
  1. Mellora da gobernanza da mobilidade
  2. Coordinación da planificación en mobilidade
  3. Fomento da intermodalidade
  4. Priorización da mobilidade activa
  5. Potenciación do uso do transporte público
  6. Fomento dun sistema de transporte inclusivo
  7. Adaptación da Administración
Actuacións
Normativa en materia de mobilidade

Obxectivos operativos
  1. Mellora da gobernanza da mobilidade
  2. Coordinación da planificación en mobilidade
  3. Priorización da mobilidade activa
  4. Potenciación do uso do transporte público
  5. Fomento dun sistema de transporte inclusivo
Actuacións
Elaboración de plans directores e sectoriais de mobilidade
Elaboración dos plans de mobilidade metropolitana
Elaboración ou actualización dos plans de mobilidade urbana das cidades
Seguimento e avaliación da Estratexia Galega de Mobilidade

Obxectivos operativos
  1. Mellora da gobernanza da mobilidade
  2. Fomento da intermodalidade
  3. Priorización da mobilidade activa
  4. Potenciación do uso do transporte público
  5. Descarbonización da mobilidade
  6. Promoción da cultura da mobilidade sostible
  7. Fomento dun sistema de transporte inclusivo
Actuacións
Esixencia de estudos de mobilidade en instrumentos de ordenación territorial e urbanística
Criterios de fomento da mobilidade sostible na normativa de edificación

Obxectivos operativos
  1. Adaptación da Administración
Actuacións
Comunicación e coordinación entre administracións