- Inicio
- Áreas
- Relacións institucionais e parlamentarias
-
Conflitividade constitucional
- Funcións e competencias
- Axenda do Parlamento de Galicia
- Normativa - Relacións institucionais
- Normativa - Relacións parlamentarias
- Iniciativas lexislativas do Goberno
- Acordos tomados no Parlamento
- Informe dos resultados electorais
- Financiamento das formacións políticas
- Glosario de termos parlamentarios
- Rexistro de convenios da Xunta de Galicia
- Conflitividade constitucional
- Requirimentos de incompetencia e conflitos positivos de competencias
Requirimentos de incompetencia e conflitos positivos de competencias
Ano 2015
- Resolución do 30 de decembro de 2010, pola que se fai público o acordo do Consello da Xunta de Galicia, polo que se aproba o Catálogo priorizado de produtos farmacéuticos da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 251, do 31.12.10)
Estado actual: sentenza 6/2015, do 22 de xaneiro de 2015. Conflito positivo de competencia 823-2011. Interposto polo Goberno da Nación. Desestimación do conflito positivo de competencia. Publicouse no BOE núm. 47, do 24.02.15.
- Real Decreto 975/2009, do 12 de xuño, sobre xestión dos residuos das industrias extractivas e de protección e rehabilitación do espazo afectado por actividades mineiras (BOE núm. 143, do 13.06.09)
Estado actual: sentenza 45/2015, do 5 de marzo de 2015. Conflito positivo de competencia 7869-2009. Interposto pola Xunta de Galicia. Desestimación do conflito positivo de competencia. Publicouse no BOE núm. 85, do 09.04.15.
- Resolución do 22 de setembro de 2009, do Servizo Público de Emprego Estatal, pola que se convoca a concesión de subvencións para a realización de programas específicos de formación e inserción laboral a favor dos xoves desempregados en situación ou con risco de exclusión social (BOE núm.256, do 23.10.09)
Estado actual: sentenza 178/2015, do 7 de setembro de 2015. Conflito positivo de competencia 974-2010. Interposto por la Xunta de Galicia. Estimación do conflito positivo de competencia, declarando que a Resolución do 22 de setembro vulnera as competencias da Xunta de Galicia. Publicouse no BOE núm. 245, do 13.10.15.
- Resolución do 1 de febreiro de 2010, do Servizo Público de Emprego Estatal, pola que se aproba a convocatoria para a concesión, con cargo ao exercicio orzamentario de 2010, de subvencións públicas para a execución de plans de formación mediante convenios, de ámbito estatal, dirixidos prioritariamente aos traballadores ocupados, en aplicación da Orde TAS/718/2008, do 7 de marzo, pola que se regula a formación de oferta e se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións públicas destinadas ao seu financiamento (BOE núm. 35, do 09.02.10)
Estado actual: sentenza 185/2015, do 21 de setembro de 2015. Conflito positivo de competencia 4602-2010. Interposto pola Xunta de Galicia. Desestimación do conflito positivo de competencia. Publicouse no BOE núm. 260, do 30.10.15.
Ano 2014
- Real Decreto 1028/2007, do 20 de xullo, polo que se establece o procedemento administrativo para a tramitación das solicitudes de autorización de instalacións de xeración eléctrica no mar territorial (BOE núm. 183, do 01.08.07)
Estado actual: sentenza 3/2014, do 16 de xaneiro de 2014. Conflito positivo de competencia 9061-2007. Interposto pola Xunta de Galicia. Desestimación do conflito positivo de competencia. Publicouse no BOE núm. 35. do 10.02.14.
- Resolución do 16 de xullo de 2009, da Dirección Xeral de Integración dos Inmigrantes, pola que se convoca a concesión de subvencións a municipios, mancomunidades de municipios e comarcas para o desenvolvemento de programas innovadores a favor da integración de inmigrantes (BOE núm. 211, do 01.09.09)
Estado actual: sentenza 78/2014, de 28 de maio de 2014. Conflito positivo de competencia 10694-2009. Interposto pola Xunta de Galicia. Estimación do conflito positivo de competencia, declarando que a Resolución do 16 de xullo vulnera as competencias da Xunta de Galicia. Publicouse no BOE núm. 153, do 24.06.14.
- Real Decreto 395/2007, de 23 de marzo, polo que se regula o subsistema de formación profesional para o emprego (BOE núm. 87, do 11.04.07)
Estado actual: sentenza 88/2014, do 9 de xuño de 2014. Conflito positivo de competencia 6767-2007. Interposto pola Xunta de Galicia. Estimación do conflito positivo declarando, por unha parte, a desaparición sobrevida en relación ao artigo 27 e, por outra, que o artigo 30.2, inciso segundo, e a disposición derradeira primeira, na súa mención ao artigo 149.1.17 da Constitución, vulneran as competencias da Xunta de Galicia. Publicouse no BOE núm. 162, do 04.07.14.
Ano 2013
- Resolución do 27 de decembro de 2012, do Instituto Nacional de Administración Pública, pola que se convocan para o exercicio 2013 subvencións destinadas ao financiamento de plans de formación no marco do Acordo de Formación para o Emprego das Administracións Públicas (BOE núm. 4, do 04.01.2013)
Estado actual: formulado requirimento de incompetencia ao Estado, este foi atendido polo que non se presentou conflito ante o TC.
- Real Decreto 1046/2003, de 1 de agosto, polo que se regula o subsistema de formación profesional contínua (BOE núm. 219, do 12.09.03)
Estado actual: sentenza 16/2013, do 31 de xaneiro de 2013. Conflito positivo de competencia 122-2004. Interposto pola Xunta de Galicia. Estimación parcial do conflito positivo, declarando que o apartado 1 do artigo 17 do Real Decreto 1046/2003, do 1 de agosto e a disposición derradeira primeira do mesmo, na mención que realizan ao artigo 149.1.17 da Constitución, vulneran as competencias da Xunta de Galicia. Publicouse no BOE núm. 49, do 26.02.2013.
- Orde TAS/1051/2007, do 18 de abril, pola que se establecen as bases reguladoras e se convoca a concesión de subvencións para a realización de programas de cooperación e voluntariado sociais con cargo á asignación tributaria do imposto sobre a renda das persoas físicas (BOE núm. 96, do 21.04.07)
Estado actual: sentenza 40/2013, do 14 de febreiro de 2013. Conflito positivo de competencia 6893-2007. Interposto pola Xunta de Galicia. Estimación parcial do conflito positivo, declarando que vulneran as competencias da Comunidade Autónoma de Galicia os arts. 1, agás no relativo ao obxecto da convocatoria; 5: 6; 7; 8, en canto ao establecemento do baremo aplicable; 9; 10; 11; 12; 13; 14; 15; 16; 17; 18; 19 e 20, así como os anexos C, I, II, III e IV da referida orde. Publicouse no BOE núm. 61, do 12.03.13.
- Orde ITC/404/2010, de 22 de febreiro, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas públicas á implantación e desenvolvemento da responsabilidade social nas pequenas e medianas empresas: iniciativa RSE-PYME (BOE núm. 49, do 25.02.10) e a Resolución do 22 de marzo de 2010, da Secretaría Xeral de Industria, pola que se efectúa, para o ano 2010, a convocatoria de axudas á implantación e desenvolvemento da responsabilidade social nas pequenas e medianas empresas: iniciativa RSE-PYME (BOE núm. 82, do 05.04.10)
Estado actual: sentenza 150/2013, do 9 de setembro de 2013. Conflito positivo de competencia 5045-2010. Interposto pola Xunta de Galicia. Estimación parcial do conflito positivo, declarando nulos, respecto á Orde ITC/404/2010, de 22 de febreiro, parte do artigo 10; os artigos 11; 12; 13; 14, en canto ao establecemento do baremo aplicable; 15; 16; 17, nos seus apartados 2, 3 e 4 e 18 a 24. Ase mesmo, declárase que a Resolución do 22 de marzo de 2010 vulnera as competencias da Comunidad Autónoma de Galicia. Publicouse no BOE núm. 242, do 09.10.13.
- Real Decreto 1549/2009, de 9 de outubro, sobre ordenación do sector pesqueiro e adaptación ao Fondo Europeo de Pesca (BOE núm. 245, do 10.10.09)
Estado actual: sentenza 166/2013, do 7 de outubro de 2013. Conflito positivo de competencia 567-2010. Interposto pola Xunta de Galicia. Estimación parcial do conflito positivo, declarando que vulneran as competencias da Xunta de Galicia os arts. 49; 50 e 54; e o artigo 45; así como os anexos I a VI do referido Real Decreto. Publicouse no BOE núm.267, do 07.11.13.
Ano 2012
- Resolución do 31 de agosto de 2009, da Dirección Xeral de Medio Natural e Política Forestal, pola que se convoca a concesión de axudas a entidades e organizacións non gobernamentais de ámbito estatal para a realización de actividades privadas relacionadas cos principios inspiradores da Lei 42/2007, do 13 de decembro, do patrimonio natural e da biodiversidade, e coas finalidades da Lei 43/2003, do 21 de novembro, de montes (BOE núm. 216, do 07.09.09)
Estado actual: sentenza 38/2012, do 26 de marzo de 2012. Conflito positivo de competencia 10801-2009. Interposto pola Xunta de Galicia. Estimación do conflito positivo, declarando que a Resolución do 31 de agosto vulnera as competencias da Xunta de Galicia. Publicouse no BOE núm. 101, do 27.04.12.
- Orde TAS/421/2008, do 19 de febreiro, pola que se establecen as bases reguladoras da concesión de subvencións sometidas ao réxime xeral de subvencións da Secretaría de Estado de Servizos Sociais, Familias e Minusvalía (BOE núm. 45, do 21.02.08)
Estado actual: sentenza 173/2012, do 15 de outubro de 2012. Conflito positivo de competencia 4682-2008. Interposto pola Xunta de Galicia. Estimación parcial do conflito positivo, declarando que vulneran as competencias da Xunta de Galicia os artigos 2 (agás no seu inciso sobre convocatoria en réxime de concorrencia competitiva); 4; 5; 6; 8; 9; 10; 11; 12; 13; 14; 15 e 16. Publicouse no BOE núm. 274, do 14.11.12.
Ano 2009
- Resolución do 3 de decembro de 2008, da Presidencia do Consello Superior de Deportes, pola que se convocan axudas ás comunidades autónomas para a execución de programas cofinanciados de dotación de infraestruturas deportivas en centros escolares públicos de Educación Infantil, Primaria e Secundaria (BOE núm. 2, do 02.02.09)
Formulado requirimento de incompetencia ao Estado, este foi atendido polo que non se presentou conflito ante o TC.
- Orde ESD/1062/2009, do 25 de marzo, polo que se convocan subvencións a entidades privadas sen fins de lucro para a realización de actividades dirixidas á atención do alumnado con necesidades específicas de apoio e á compensación de desigualdades na educación durante o curso escolar 2009-2010 (BOE núm. 106, do 01.05.09)
Formulado requirimento de incompetencia ao Estado, este foi atendido polo que non se presentou conflito ante o TC.
- Real Decreto 1916/2008, do 21 de novembro, polo que se regula a iniciativa de modernización de destinos turísticos maduros (BOE núm. 3, do 03.01.09)
Estado actual: sentenza 200/2009, do 28 de setembro de 2009. Conflito positivo de competencias 3800-2009. Interposto pola Xunta de Galicia. Estimación parcial do conflito positivo declarando que vulneran as competencias da Comunidade Autónoma de Galicia os seguintes preceptos do Real Decreto 1916/2008: primeiro parágrafo do apartado 1 do artigo 14; artigo 15; apartados 1 e 4 do artigo 16; artigo 18; letra a) do apartado catro do artigo 19; artigo 20; apartados 1 e 2 do artigo 21; artigo 22; o inciso «e das Comunidades Autónomas» do apartado 3 do artigo 24; apartados 3, 4 e 5 do artigo. 25; segundo parágrafo do apartado 2 e apartado 3 do artigo 32; apartados 2 e 3 do artigo 33; artigo 34 e artigo 35. Publicouse no BOE núm. 254, do 21.10.09.
Ano 2008
- Resolución do 29 de abril de 2008, do Instituto da Muller, pola que se convoca a edición das subvencións ao emprego “Emprende en feminino” do ano 2008, para fomentar a inserción laboral por conta propia das mulleres (BOE núm. 121, do 19.05.08)
Formulado requirimento de incompetencia do Estado, este foi atendido polo que non se presentou conflito ante o TC.
- Resolución do 20 de maio de 2008, da Secretaría de Estado de Turismo, pola que se convocan axudas para impulsar os procesos de planificación estratéxica, xestión e promoción de destinos turísticos (“Soportes de promoción de destinos”), correspondentes ao exercicio 2008 (BOE núm. 129, do 28.05.08)
Formulado requirimento de incompetencia do Estado, este foi atendido polo que non se presentou conflito ante o TC.
- Orde FOM/2388/2008, do 24 de xullo, pola que se publica a convocatoria para o ano 2008 das axudas a programas piloto que promovan a mobilidade sostible en ámbitos urbanos e metropolitanos (BOE núm. 194, do 12.08.08)
Formulado requirimento de incompetencia do Estado, este foi atendido polo que non se presentou conflito ante o TC.
- Real Decreto 1614/2008, do 3 de outubro, relativa aos requisitos zoosanitarios dos animais e dos produtos da acuicultura, así como a prevención e control de determinadas enfermidades dos animais acuáticos (BOE núm. 242. do 07.10.08)
Formulado requirimento de incompetencia do Estado, este foi atendido polo que non se presentou conflito ante o TC.