Delegación da Xunta en Montevideo
A Delegación da Xunta de Galicia en Montevideo está operativa desde o mes de novembro de 2008, converténdose así na segunda oficina de representación oficial que establece o Goberno galego no exterior.
O seu ámbito de actuación céntrase en Uruguai, onde residen aproximadamente 30.000 galegos e galegas, o que convirte a este país nun dos territorios con maior presenza galega do mundo.
O decreto de creación da oficina foi aprobado polo Consello da Xunta o 23 de outubro de 2009 e o texto establece a estrutura orgánica e funcións da unidade administrativa. Así, o traballo organízase en torno a diferentes liñas de actuación:
- Atención á cidadanía galega
- Fomento da lingua e cultura de Galicia
- Impulso ás relación económicas entre Galicia e Uruguai
- Impulso á cooperación e ao desenvolvemento neste territorio