Estratexia Galega de Acción Exterior (Egaex)

O 7 de decembro de 2015 publicouse no DOG o Decreto 178/2015, do 26 de novembro, polo que se regula a acción exterior da Comunidade Autónoma de Galicia. O primeiro capítulo deste decreto regula a planificación e elaboración da Estratexia galega de acción exterior, definida como plan en que se concretarán as prioridades que interesen ou preocupen a a sociedade galega, facendo especial fincapé na promoción da lingua, cultura e imaxe de Galicia, na defensa dos dereitos e expectativas da diáspora galega nos Estados en que estiver asentada, na promoción da empresa e a economía galegas no exterior e no estreitamento do vínculo con Portugal e coa comunidade lusófona de nacións.

O 1 de febreiro de 2018 o Consello da Xunta aprobou a Estratexia de acción exterior de Galicia, un documento que ofrece un marco global e completo con toda a acción exterior da nosa comunidade e que define obxectivos e ámbitos de actuación e establece os instrumentos necesarios para acadar estas metas.Trátase dunha ambiciosa folla de ruta que contempla entre os seus obxectivos a mellora da converxencia respecto da media do conxunto da Unión Europea, tendo en conta o escenario do Brexit, a defensa dos dereitos da diáspora, o incremento da internacionalización da economía e diversificación dos mercados exteriores e o estreitamento de vínculos coa comunidade lusófona, a promoción da lingua e a cultura e o reto demográfico.

Documentos relacionados