Rexistro de colexios profesionais
No rexistro de colexios profesionais e de consellos galegos de colexios profesionais inscribiranse os colexios profesionais e os consellos galegos de colexios que desenvolvan a súa actividade no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia, así como os seus estatutos.
Só poderá denegarse a inscrición no rexistro por razóns de legalidade, e sempre mediante resolución motivada.
O Rexistro ten como finalidade ofrecer un sistema de garantía de publicidade material e formal dos colexios profesionais e os seus consellos, mediante a inscrición do acto de constitución e de toda a secuencia de actos a través dos que se desenvolve a actividade colexial, sendo un instrumento de seguridade xurídica e canle de información da realidade colexial galega.
Actos obxecto de inscrición
- Constitución do colexio ou consello e aprobación dos estatutos
- Modificación dos estatutos
- Modificación da denominación
- Identidade das persoas titulares dos órganos de goberno
- Apertura e peche de delegacións
- Fusión
- Segregación
- Disolución
Consulta de colexios e consellos gallegos de colexios profesionais