Carta de dereitos dos cidadáns e as cidadás

No limiar do século XXI, a sociedade española demanda con urxencia unha xustiza máis aberta que sexa capaz de darlle servizo aos cidadáns e ás cidadás con maior axilidade, calidade e eficacia, incorporando para isto métodos de organización e instrumentos procesuais máis modernos e avanzados.

Un proxecto tan ambicioso só pode ser afrontado mediante un amplo acordo de todas as forzas políticas que asegure a unidade e continuidade dos esforzos e garanta o consenso sobre as bases do funcionamento deste poder do Estado. Este é, precisamente, o obxecto e finalidade do Pacto de Estado para a reforma da xustiza asinado o 28 de maio de 2001. Entre as prioridades do Pacto de Estado figura a elaboración dunha Carta de dereitos dos cidadáns e das cidadás ante a xustiza que atenda aos principios de transparencia, información e atención adecuada e que estableza os dereitos das persoas usuarias da Xustiza. Idéntica prioridade manifesta o acordo quinto dos adoptados pola Conferencia Sectorial en materia de Administración de xustiza realizada en Las Palmas o día 22 de maio de 2001.

A presente Carta foi redactada por un grupo de traballo constituído no seo da Comisión de Seguimento do Pacto de Estado, por acordo unánime de todos os seus integrantes, no que interviñeron representantes dos distintos grupos parlamentarios e do Ministerio de Xustiza.

 

Documentos relacionados