Solicitudes xenéricas

Autorizacións de transporte de viaxeiros e mercadorías (tarxetas)

Contratos de xestión de servizos públicos de transporte regular de viaxeiros/as por estrada

  • Autorización para a prestación de servizos regulares permanentes de viaxeiros por estrada mediante a utilización dun mesmo vehículo (solapamento). Solicitude e documentación
  • Concentración de contratos de xestión de servizos públicos de transporte regular de viaxeiros/as por estrada. Solicitude e documentación
  • Transmisión de contratos de xestión de servizos públicos de transporte regular de viaxeiros/as por estrada. Solicitude e documentación
  • Adscrición de vehículos a contratos de xestión de servizos públicos de transporte regular de viaxeiros/as por estrada. Solicitude e documentación
  • Incremento anual común ou modificación extraordinaria de tarifas de contratos de xestión de servizos públicos de transporte regular de viaxeiros/as por estrada. Solicitude e documentación
  • Modificación das condicións da explotación dos contratos de xestión de servizos públicos de transporte regular de viaxeiros/as por estrada. Solicitude e documentación

Autorizacións de transporte público regular de uso especial

  • Autorización de transporte público regular de uso especial (escolar a centros públicos). Solicitude e documentación
  • Autorización de transporte público regular de uso especial (escolar a centros privados, obreiros/as, lugares de lecer, outros). Solicitude e documentación

Dilixenciamiento de libros de roteiro (VD) e reclamacións (VD, VT)

Dilixenciamiento de libros en empresas de transporte e estacións de autobús

Tarxeta tacógrafo dixital

O novo tacógrafo dixital substitúe aos discos do tacógrafo analóxico por tarxetas intelixentes baseadas en chips, co tamaño dunha tarxeta de crédito. O chip inclúe un programa que protexe os datos almacenados nel e que permite que a tarxeta se comunique co tacógrafo dixital de forma segura.

Tipos de tarxeta

  • Tarxeta de condutor/a: identifica o condutor/a e permite almacenar os datos da súa actividade durante polo menos os últimos 28 días de actividade. As tarxetas españolas terán unha capacidade de polo menos 31 días de actividade. Solicitude e documentación necesaria. Descarga formulario (PDF, 451 Kb)
  • Tarxeta de empresa: identifica á empresa e permite visualizar, imprimir e transferir a información almacenada no tacógrafo e activar e desactivar o bloqueo do tacógrafo. Solicitude e documentación necesaria. Descarga formulario (PDF, 357 Kb)
  • Tarxeta de centro de ensaio: tamén coñecida como Tarxeta de taller, identifica ao titular e permite probar, activar, calibrar e transferir datos do tacógrafo dixital. Solicitude e documentación necesaria. Descarga formulario (PDF, 474 Kb)

Códigos que deben utilizarse para cubrir ao pago de taxas

De acordo coa normativa aplicable para o ano 2024 o importe da taxa para inscrición en calquera dos exames de formación (CAP-XESTOR DE TRANSPORTES-CONSELLEIROS DE SEGURIDADE) é de 27,31 €.

Os códigos que se deben empregar son:

  • Consellería de: Presidencia, Xustiza e Deportes; código: 04
  • Delegación de: Servizos Centrais; código: 13
  • Servizo de: Mobilidade; código: 26
  • Denominación: Inscrición nas probas CAP; código: 31.01.20
  • Importe: 27,31 €