Rexistro de colexios profesionais

No rexistro de colexios profesionais e de consellos galegos de colexios profesionais inscribiranse os colexios profesionais e os consellos galegos de colexios que desenvolvan a súa actividade no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia, así como os seus estatutos.

Só poderá denegarse a inscrición no rexistro por razóns de legalidade, e sempre mediante resolución motivada.

O Rexistro ten como finalidade ofrecer un sistema de garantía de publicidade material e formal dos colexios profesionais e os seus consellos, mediante a inscrición do acto de constitución e de toda a secuencia de actos a través dos que se desenvolve a actividade colexial, sendo un instrumento de seguridade xurídica e canle de información da realidade colexial galega.

Actos obxecto de inscrición

  • Constitución do colexio ou consello e aprobación dos estatutos
  • Modificación dos estatutos
  • Modificación da denominación
  • Identidade das persoas titulares dos órganos de goberno
  • Apertura e peche de delegacións
  • Fusión
  • Segregación
  • Disolución

Consulta de colexios e consellos gallegos de colexios profesionais