De interese
Actualidade
23/12/2025
A Xunta acorda co Concello de Curtis a creación dun novo servizo de interese municipal para mellorar o transporte do instituto do concello con Teixeiro
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, e o alcalde de Curtis, Javier Caínzos formalizaron coa UTE Hércules o convenio que permitirá activar o SIMU e implantar o próximo 8 de xaneiro, coincidindo co remate das vacacións de Nadal, tres novas expedicións para cubrir os horarios de entrada e saída do centro