- Inicio
- Áreas
- Mobilidade
- Transporte de viaxeiros
-
Transporte escolar
- Axudas e subvencions
- Autorizacións de transporte
- Plan de Transporte Público de Galicia
- Sector do transporte público de persoas viaxeiras
- Sistemas de axuda á explotación (SAE)
- Transporte escolar
- Transporte público marítimo
- Xunta Arbitral de Transportes
- Procedementos e formularios
- Servizo Galego de Apoio á Mobilidade Persoal 065
- Preguntas frecuentes
Preguntas máis frecuentes
O transporte escolar pódese contratar con calquera transportista sempre que dispoña de vehículos con autorización para transporte discrecional (autobuses); tamén se poderá contratar este tipo de servizo con taxis (VT) cando o número de alumnos e alumnas a transportar sexa reducido.
Poderán outorgarse, con carácter excepcional, autorizacións de transporte VE para vehículos de menos de 10 prazas, incluído o condutor, cando non existan vehículos provistos de autorización de transporte dispostos a prestar o servizo; estas autorizacións teñen carácter anual, e son especialmente frecuentes en zonas de montaña, nas que se requiren vehículos especiais.
O transporte ás gardarías realizarase en réxime normal.
No caso de que se efectúe en réxime privado, pola propia gardería cos seus propios medios, e con vehículos de menos de 10 prazas incluído o condutor, non se necesita autorización especial; de realizarse con vehículos de maior capacidade, será necesaria a obtención dunha autorización para servizo privado complementario.
En todo caso, este transporte terá que respectar os requisitos de seguridade establecidos.
No transporte en vehículos de menos de 10 prazas:
- Queda prohibida a utilización da praza ou prazas contiguas á do/a condutor/a por parte de menores de doce anos.
- Os nenos e nenas comprendidos entre cinco e once anos deberán utilizar cintos de seguridade de tres puntos.
- Do mesmo xeito que nos vehículos de maior capacidade, unicamente poderá transportarse unha persoa por praza.
Con carácter xeral, establécese a presenza obrigatoria do acompañante en calquera modalidade de transporte escolar, cando, polo menos, o 50% das persoas viaxeiras sexan menores de 12 anos.
A Consellería de Educación aplicará progresivamente para os próximos cursos a obrigatoriedade do acompañante nos vehículos que presten transporte escolar, de acordo coa disposición transitoria terceira do Real decreto 443/2001.
No transporte aos centros de educación especial será esixible en todo caso.
O Real decreto 443/2001, sobre condicións de seguridade no transporte escolar e de menores, establece no apartado 2, número 8, do artigo 4, (características técnicas dos vehículos) permite a utilización destes autobuses cando estean homologados segundo o Regulamento CEPE/ONU núm. 107.
A autorización para os servizos de carácter urbano será outorgada polos respectivos concellos de acordo co establecido nas súas propias ordenanzas, de telas; se non dispoñen delas, aplicarán a normativa autonómica.
Os vehículos estarán dotados de martelos rompevidros ou outros dispositivos determinados regulamentariamente, debidamente protexidos, que só se poderán utilizar en casos de urxencia.
A contratación do transporte de persoas obreiras poderá contratarse polas organizacións representativas (sindicais) dos traballadores e traballadoras ou pola dirección dos seus centros de traballo.
O transporte realizarase a un único centro, como excepción poderá efectuarse a varios centros cando, polo seu carácter de establecementos da mesma empresa ou similar actividade, quede garantido que van servir a un grupo homoxéneo e específico de persoas usuarias, diferentes dos servizos de uso xeral.
- Lei 16/1987, de 30 de xullo de ordenación dos transportes terrestres (BOE nº 182, de 31 de xullo).
- Decreto 160/1988, de 9 de xuño, polo que se regula a prestación dos servizos de escolares e de obreiros de competencia exclusiva da Xunta de Galicia (DOG Nº 121, de 27 de xuño), modificado parcialmente polo Decreto 342/1998, de 27 de novembro (DOG nº 235, de 3 de decembro) e polo Decreto 65/2014, do 28 de maio (DOG nº 109, do 10 de xuño).
- Orde da Consellería de Ordenación do Territorio e Obras Públicas de 15 de decembro de 1989, de desenvolvemento do Decreto 160/1988 (DOG nº 6, de 30 de outubro).
- Real decreto 443/2001, de 27 de abril, sobre condicións de seguridade no transporte escolar e de menores.
A contratación de transportes regulares de uso especial poderá realizarse
- Pola Consellería de Educación ou por calquera administración pública, e polas asociacións de pais e nais de alumnado (ANPAs) constituídas de conformidade co establecido polo R.D. 11 de xullo de 1986, nº 1533 (BOE de 29 de xullo) e na Orde de 16 de xaneiro de 1987 da Consellería de Educación (DOG de 22 de xaneiro de 1987 cando se trate de transportes a centros públicos de ensino.
- Pola dirección de centro escolar e polas asociacións de pais e nais de alumando ANPAs (constituídas de conformidade coa lexislación citada no apartado a) anterior), cando se trate do transporte a centros privados de ensino.
- Polas asociacións representativas das persoas usuarias en xeral.
- Polas organizacións representativas (sindicais) das persoas traballadoras ou pola dirección dos seus centros de traballo.
- En los centros públicos contratados con la Consellería de Educación, la propia Consellería.
- En los demás casos, los contratantes del servicio.
En todo caso, las paradas se establecerán segundo el previsto en el Decreto 443/2001, garantizando la seguridad de los menores en la espera, subida y bajada a los vehículos.