Interinos

 

Corpos xerais da Administración de Xustiza

 

13/9/2022

Listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas das bolsas de traballo de persoal interino dos corpos xerais da Administración de Xustiza en Galicia convocadas pola Resolución da Dirección Xeral de Xustiza do 28 de xaneiro de 2022.

Estas listaxes entrarán en vigor o día seguinte ao desta publicación e substituirán as listas vixentes, que quedarán anuladas nesa mesma data, sen que isto supoña ningún dereito para os/as integrantes destas.

As listaxes poderán consultarse tamén a través da OPAX (https://opax.xunta.es), seguindo a ruta "Bolsa de interinos > Listaxes".

Resolución pola que se aproba a listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas das bolsas de traballo de persoal interino dos corpos xerais da Administración de Xustiza convocadas por Resolución da Dirección Xeral de Xustiza do 28 de xaneiro de 2022.


Listaxes de persoas admitidas

Corpo auxilio xudicial

Corpo de tramitación procesual e administrativa

Corpo de xestión procesual e administrativa

Listaxes de persoas excluídas

Corpo auxilio xudicial

Corpo de tramitación procesual e administrativa

Corpo de xestión procesual e administrativa

7/9/2022

Nota informativa sobre a suspensión e a renuncia á bolsa de persoal interino.

6/9/2022

Recórdase que o día 9 de setembro finaliza o prazo para a elección de bolsa. Aquelas persoas aspirantes que estean incluídas tanto en bolsa como baremadas sen bolsa en distintos corpos, ou en varias provincias da mesma bolsa, deberán seleccionar aquela única na cal desexen quedar. Se non o fixeran, entenderase que desisten de todas as súas solicitudes.

A elección deberá realizarse telematicamente, cubrindo necesariamente o formulario electrónico dispoñible na aplicación informática. Unha vez cuberto o formulario, deberase presentar de xeito electrónico a través da OPAX. Non será válida unha elección de bolsa en estado borrador.

19/8/2022

Na confección das listaxes resultantes correspondentes ás novas bolsas de traballo de persoal interino dos corpos xerais ao servizo da Administración de Xustiza publicadas o pasado 29 de xullo, a baremación do apartado correspondente á formación continua de determinadas solicitudes realizouse aproximando a dous decimais, cando o criterio xeral empregado foi o de aproximar a un decimal.

Por esta razón, cómpre publicar de novo as listaxes resultantes das persoas admitidas e excluídas aplicando para todos os casos o criterio xeral.

Novas listaxes de persoas admitidas

Corpo auxilio xudicial

Corpo de tramitación procesual e administrativa

Corpo de xestión procesual e administrativa

Novas listaxes de persoas excluídas

Corpo auxilio xudicial

Corpo de tramitación procesual e administrativa

Corpo de xestión procesual e administrativa

29/7/2022

Listaxes resultantes de persoas admitidas e excluídas das bolsas de traballo de persoal interino dos corpos xerais ao servizo da Administración de Xustiza convocadas pola resolución da Dirección Xeral de Xustiza do 28 de xaneiro de 2022

As listaxes poderán consultarse tamén a través da OPAX https://opax.xunta.es, seguindo a ruta "Bolsa de interinos > Listaxes".

Aquelas persoas aspirantes que estean incluídas en bolsas de distintos corpos, ou en varias provincias da mesma bolsa, deberán seleccionar aquela única na cal desexen quedar. O prazo para elixir bolsa (10 días hábiles) habilitarse entre o 29 de agosto e o 9 de setembro.

A elección deberá realizarse telematicamente, cubrindo necesariamente o formulario electrónico dispoñible na aplicación informática. Unha vez cuberto o formulario, deberase presentar de xeito electrónico a través da OPAX.

Se non o fixeran, entenderase que desisten de todas as súas solicitudes.

As persoas que unicamente solicitasen formar parte dunha única bolsa, corpo e provincia non terán que efectuar a dita elección. 

Listaxes de persoas admitidas

Listaxes de persoas excluídas

15/7/2022

Desde a Dirección Xeral de Xustiza estase a rematar coa revisión das alegacións ás listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas das bolsas de persoal interino. A publicación da lista resultante está prevista para a última semana do mes de xullo.

Ao obxecto de favorecer o proceso para elección das bolsas, o prazo para elixir bolsa (10 días hábiles) habilitarase entre o 29 de agosto e o 9 de setembro.

3/6/2022

Listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas das bolsas de traballo de pesoal interino dos corpos xerais ao servizo da Administración de Xustiza convocadas pola resolución da Dirección Xeral de Xustiza do 28 de xaneiro de 2022

As listaxes poderán consultarse tamén a través da OPAX https://opax.xunta.es, seguindo a ruta "Bolsa de interinos > Listaxes".

O prazo para presentar alegacións comprende do día 06/06/2022 ao 17/06/2022. As alegacións deberán presentarse de xeito electrónico a través do formulario disponible na aplicación informática https://opax.xunta.es

Listaxes de persoas admitidas

Listaxes de persoas excluídas

 

8/2/2022

Resolución do 28 de xaneiro de 2022, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se convocan bolsas de traballo de persoal interino dos corpos xerais ao servizo da Administración de xustiza en Galicia (código de procedemento XU700A).

2/6/2020

Listaxes definitivas de admitidos/as e excluídos/as da bolsa de traballo de xestión procesual e administrativa, tramitación procesual e administrativa e auxilio xudicial

As listaxes poderán consultarse a través da OPAX (https://www.xunta.es/sxpa/AIX/) seguindo a ruta "Bolsa de interinos > Listaxes". 

10/2/2020

Finalización do prazo para a elección de bolsa

Recórdase que o día 11 de febreiro finaliza o prazo para presentar as solicitudes de elección da bolsa de interinos/as.

É moi importante ter en conta que non basta con gravar os datos na aplicación. Co simple gravado de datos xérase unicamente un borrador, que hai que validar e presentar, sexa electronicamente, con certificado dixital ou DNI electrónico, ou manualmente, en calquera dos lugares do artigo 16.4 da Lei 39/2015 do Procedemento administrativo común das Administracións Públicas.

A consecuencia de non presentar a elección da bolsa en prazo, segundo o artigo 10.2 da Resolución do 18 de marzo de 2019, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se convocan bolsas de traballo de persoal interino dos corpos xerais ao servizo da Administración de Xustiza en Galicia, é a desistencia dos/as aspirantes de todas as súas solicitudes

29/1/2020

Corrección de erros. Resolución do 24 de xaneiro de 2020 pola que se aproba a listaxe resultante de admitidos e excluídos da bolsa de traballo de xestión procesual e administrativa, tramitación procesual e administrativa e auxilio xudicial convocada pola Resolución da Dirección Xeral de Xustiza do 18 de marzo de 2019.

28/1/2020

Resolución do 24 de xaneiro de 2020 pola que se aproba a listaxe resultante de admitidos e excluídos da bolsa de traballo de xestión procesual e administrativa, tramitación procesual e administrativa e auxilio xudicial convocada pola Resolución da Dirección Xeral de Xustiza do 18 de marzo de 2019.

As listaxes poderán consultarse a través da OPAX (https://www.xunta.es/sxpa/AIX/), seguindo a ruta "Bolsa de interinos > Listaxes".

Aqueles/as aspirantes que estean incluídos en bolsas de distintos corpos, ou en varias provincias da mesma bolsa, deberán seleccionar aquela única na cal desexen quedar no prazo de dez días hábiles desde a publicación desta resolución (fin do prazo: 11.02.2020 ás 23:59 h). En caso contrario, entenderase que desisten da súa solicitude.

A elección deberá facerse de maneira electrónica a través da OPAX. Ao elixir a bolsa correspondente xérase un borrador que é necesario presentar, ben electronicamente, con DNI electrónico ou certificado dixital, ou ben manualmente en calquera dos lugares do artigo 16.4 da Lei 39/2015 do Procedemento administrativo común das Administracións Públicas.

Na páxina de bolsa de interinos, na sección de “Instrucións”, existe unha guía de usuario cos pasos a seguir (páxinas 27-29 no manual en galego, 33-35 no manual en castelán).

26/3/2019 

Resolución do 18 de marzo de 2019, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se convocan bolsas de traballo de persoal interino dos corpos xerais ao servizo da Administración de xustiza en Galicia

28/11/2018

Publicación de listaxes na Oficina Virtual do Persoal da Administración de Xustiza de Galiza

Desde o 28/11/2019, as listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas nas bolsas de interinos dos corpos xerais ao servizo da Administración de Xustiza en Galicia estarán só dispoñibles na Oficina Virtual do Persoal da Administración de Xustiza de Galiza. Tras acceder co usuario e constrasinal ou certificado electrónico, as listaxes poderán consultarse na ruta “Menú - Bolsa de interinos - Listaxes”.

Corpos de médicos forenses