Rifas e combinacións aleatorias

Datos para solicitar una combinación aleatoria o una rifa

Definicións

Combinación aleatoria:

A persoa que xoga adquire un determinado producto que, cunha pura finalidade comercial de publicidade e sen que iso supoña aumento ningún do custo ordinario, inclúe unha combinación de números aleatoria que pode resultar premiada cun obxecto, un determinado servizo ou unha cantidade en metálico previamente coñecida.

Rifas:

Prodúcese mediante a adquisición, por un prezo certo, dunha papeleta na que deberá constar, de modo visible: o devandito prezo, a data do xogo e un número que é co que se participa na rifa e que é ademais o de control.

En todos os casos deberase:

  1. Presentar unha solicitude asinada pola persoa con representación, con copia compulsada do DNI do solicitante.
  2. Acreditar a representación: poder notarial que acredite que está autorizado/a pola entidade organizadora para actuar.
  3. Pago das taxas con códigos Consellería: 04, Servizos Centrais:13, Servizo de Xogo:16, Taxa: autorización de combinación aleatoria ou rifa: 301301.-

Existen impresos para o pago dispoñibles nas oficinas de Caixa Galicia, Delegacións e Servizos Centrais.

Tamén poden aboarse por Internet, na páxina web da Consellería de Economía e Facenda, xerando informaticamente o modelo de ingreso de taxas e prezos AI (ver ligazón).

Ao premer sobre o modelo existen dúas posibilidades:

  • Poden cubrirse os datos na pantalla e imprimirse unha vez cuberto.
  • Pode ser impreso en branco e cuberto manualmente.


En calquera dos dous casos, xeraranse tres exemplares (un para a persoa interesada, outro para a entidade bancaria e outro para a Administración). Estes deberán estar debidamente cubertos cando sexan presentados para pagar en calquera das entidades colaboradoras na recadación de taxas e prezos.

  1. Bases do sorteo nas que aparezan os datos do mesmo o suficientemente claros (en especial: días da promoción, data e modalidade do sorteo, premios que se sortean, número e forma das participacións).
  2. Para o caso de que vaia a facer unha campaña publicitaria, achegarase copia da mesma.
  3. Factura proforma dos premios.

No caso das rifas, ademais, unha copia dunha rifa das que se porán a venda e o número de rifas que se ofrecerán.

Para máis información: Servizo de Xogo da Dirección Xeral de Emerxencias e Interior.