Rexistro de Fundacións de Interese Galego

Rexistro de Fundacións de Interese Galego está integrado por un rexistro único adscrito á Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, e as distintas seccións adscritas a cada un dos departamentos con funcións de protectorado, en cada una das cales se levará un rexistro auxiliar, no que se inscribirán os actos e documentos correspondentes ás fundacións sobre as que exerzan as funcións de protectorado.

O Rexistro ten como finalidade ofrecer un sistema de garantía de publicidade material e formal das fundacións, mediante a inscrición do acto de constitución e de toda a secuencia de actos a través dos que se desenvolve a actividade fundacional, á vez que instrumento de seguridade xurídica e canle de información da realidade fundacional galega.

Actos e documentos obxecto de inscrición:

  • A escritura de constitución.
  • Os estatutos e os acordos de modificación.
  • Nomeamento suspensión, cese e renuncia dos membros do padroado, e, de proceder, dos liquidadores.
  • Constitución, modificación e supresión de comisións , consellos asesores, e directores-xerentes
  • As delegacións de facultades, a súa revogación e os apoderamentos xerais.
  • A constitución, modificación, fusión, escisión e extinción de fundacións.
  • Adquisición, alleamento, gravame e arrendamento de bens nos supostos legalmente establecidos.
  • As delegacións de fundacións estranxeiras.
  • As accións de responsabilidade contra os membros do padroado e a resolución xudicial correspondente.
  • As intervencións temporais e as solicitudes de intervención temporal de Fundacións de Interese Galego.
  • Calquera outro que se estableza regulamentariamente

Así mesmo deberá constar no Rexistro o plan de actuación e contas anuais das fundacións, presentadas ante o protectorado.

Documentos relacionados